Préstamo a domicilio
A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas ofrece ás persoas usuarias con discapacidade ou ás persoas que teñan a súa mobilidade e autonomía limitada de forma temporal ou permanente que non poidan acudir a biblioteca e que non poidan contar con outra persoa para realizar o “Servizo de Préstamo Especial” un servizo personalizado ao fin de facilitar o acceso aos recursos dos que dispón.
Teñen dereito a estes servizos:
- As persoas usuarias que teñan a súa mobilidade e autonomía limitada de forma temporal ou permanente.
- As persoas invidentes poden acceder ao servizo de lectura por parte das persoas voluntarias.
Para poder acceder a este servizo especial que a biblioteca ofrece é preciso estar inscrito/a como socio/a e cubrir un formulario de autorización de cesión do carné da biblioteca a Oficina de Voluntariado do Concello de Vigo (esta documentación poderase facer a través do persoal voluntario). Esta acreditación requirirase sempre polo persoal da biblioteca cando se queira acceder a dito servizo.
Ademais a biblioteca ofrece:
- Unha atención personalizada ás consultas: toda a aquela persoa que o desexe pode dirixir as súas consultas á biblioteca de forma virtual (correo electrónico) ou por teléfono. Persoal bibliotecario especializado encargarase de localizar e dar a información que precise.
- Levar e recoller documentos aos domicilios particulares das persoas usuarias.
- Aconsellar lecturas e intercambiar opinións coas persoas usuarias.
- Ler as persoas que o soliciten.
Requisitos
- Ter a súa mobilidade e autonomía limitada de forma temporal ou permanente.
- Cubrir o formulario de solicitude de carné da biblioteca.
- Cubrir o formulario de autorización de cesión de uso do carné de préstamo.
- DNI
- Fotocopia do certificado médico.
- Fotografía.
Número de préstamos
Poderanse levar en préstamo todos os materiais que se emprestan na biblioteca (libros, revistas, material audiovisual)
Ata 3 documentos, dos cales 1 poderá ser audiovisual.
Duración do préstamo
30 días para libros e 30 días para os audiovisuais.
E se non se remata o libro?
- O préstamo de libros poderase renovar por outros 15 días, a non ser que outro/a lector/a fixese reserva do exemplar.
- A prórrogase pode facer por teléfono, e-mail (indicando o número de asociado/a), ou través do catálogo en liña.
- As prórrogas non se aplican a materiais audiovisuais nin a revistas.
Reserva de libros
- Na biblioteca pódense reservar ata dous libros, cando estes estean prestados a outro/a lector/a no momento da reserva.
- A prórrogase pode facer por teléfono, e-mail (indicando o número de asociado/a), ou a través do catálogo en liña.
- Cando o libro estea dispoñible, avisarase por telefóno ou e-mail.
O reparto
- O reparto dos préstamos especiais realizados polo persoal voluntario e solicitados polas persoas demandantes serán os mércores en horario de mañá da biblioteca (10.30-14.00h). Dependendo da demanda poderase ampliar o número de horas e de días.
- O servizo de préstamo poderá ser suprimido temporal ou permanentemente no caso de que non existan voluntarios para dito servizo.
- Este servizo ten un máximo de envíos semanais fixado pola Biblioteca Pública Municipal Neira Vilas e pola Oficina de Voluntariado.
- O Servizo de Préstamo a Domicilio realizado polo persoal voluntario está delimitado ao domicilio particular da persoa usuaria na área do Concello de Vigo.
- As peticións dos documentos realizarase de martes a sábado no teléfono 986 267 759 (en horario de apertura da biblioteca) ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org
Cumprimento das normas
- A perda ou material suporá repoñer o documento extraviado ao estragado, ou outro de similares características a proposta da biblioteca.
- As persoa beneficiarias do “Servizo de Préstamo a Domicilio” tamén deben cumprir as normas de funcionamento da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e de non ser así seralles de aplicación o establecido no “Procedemento de sancións e faltas”.
- A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas pode dar de baixa do Servizo de Préstamo Especial a unha persoa usuaria deste servizo se non cumpre as normas.