Procedemento de sancións e faltas
A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas ten como misión satisfacer as necesidades de información, formación e ocio de toda a cidadanía, mediante unha colección de materiais en diversos soportes e de medios tecnolóxicos que, organizados axeitadamente, garantan o uso destes e permitan accesibilidade rápida aos documentos e ás fontes de información.
A biblioteca efectuará unha comprobación das devolucións dun mes anterior ao que corresponda, sacando para iso un listado do programa de xestión Koha. Sempre se comprobará que o documento poida estar na biblioteca.
Sancións
Merece sanción:
- Quen cause graves danos ás obras prestadas, ou quen de maneira reiterada, cause danos leves.
- Quen devolva os documentos fóra do prazo establecido.
- Quen extravíe as obras prestadas.
- 1. A persoa usuaria responderá da perda ou da deterioración da obra recibida en préstamo, repoñéndoa cun exemplar novo das mesmas características ou outro similar a proposta da biblioteca. Ata que a persoa usuaria non repoña o material prestado non poderá facer uso dos servizos da biblioteca.
- 2. Os danos leves ocasionarán a exclusión do servizo de préstamo durante 3 meses. A exclusión pode ser definitiva, se se seguen producindo danos de forma reiterativa.
- 3. Con respecto ao atraso na devolución dos préstamos dos fondos:
- A sanción será de 1 día de penalización por cada día de atraso e documento, cun máximo de 90 días. Ata que a persoa usuaria non repoña o material prestado non poderá facer uso dos servizos da biblioteca.
- Se as demoras son superiores a 15 días, a BPM reclamará a obra prestada, polos medios que considere oportuno.
- 4. As sancións serán efectivas en todas as bibliotecas da rede.
- 5. As bibliotecas integrantes do Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia poderán elevar ao órgano competente para a imposición de sancións, unha proposta para a apertura dun procedemento de carácter sancionador, segundo o disposto no Título IV de la Lei 5/2012, do 15 de xuño de Bibliotecas de Galicia.
- 6. Quen extravíe as obras prestadas e/ou a tarxeta de identificación de usuario/a.
- perda do carné de forma reiterada por parte das persoas usuarias acarreará a suspensión durante 7 días do servizo de préstamo. Esta sanción será de aplicación dende a expedición do 3º duplicado da tarxeta identificativa e en cada unha das copias posteriores.
Faltas
- 1. Quen por primeira vez introduza comida, bebida, tabaco ou similares, ou móbiles conectados con son, serán amoestados verbalmente. Se a persoa usuaria reincide, procederase á súa expulsión inmediata por ese día da BPM.
- 2. Quen permaneza na sala con finalidade distinta a fixada para cada espazo, será advertido verbalmente, e de proseguir coa mesma actitude, será expulsado da BPM.
- 3. A alteración da orde merecerá unha amoestación verbal a primeira vez. Se a persoa usuaria reincide, procederase a súa expulsión inmediata por ese día da BPM.
- 4. Se as condutas sinaladas nos puntos 1,2,3, son continuas día tras día, a sanción irase aumentando proporcionalmente, podendo chegar á expulsión definitiva.
- 5. Marcar ou danar bens mobles ou inmobles, roubar, subliñar, escribir, dobrar, raspar ou mutilar os documentos suporá a expulsión do centro, a retirada do carne si o posúe, ou as sanción previstas no código Penal para os apartados anteriores.