Servizos para persoas usuarias
O Sistema koha é o utilizado para a xestión da Biblioteca Xosé Neira Vilas. Ofrece ás persoas usuarias rexistradas a posibilidade de acceder a determinados servizos, tales como:
- Consulta do fondo
- Renovación de préstamos
- Propostas de adquisicións
- Historial de lecturas
- Listas privadas e públicas
Identificarse é sinxelo e rápido:
Introduza o seu nome de usuario/a e contrasinal, se non dispón desta información, pódea solicitar na biblioteca presentado o seu DNI e carné da biblioteca.
Renovación de préstamos:
Os distintos materiais da biblioteca pódense renovar unha soa vez por un prazo igual ao que se prestan a primeira vez. A renovación poderase realizar transcorridos 5 días dende a formalización do préstamo ata o día da súa caducidade.
Proposta de adquisición de fondos:
Se un determinado documento non aparece entre os fondos da Biblioteca, as persoas usuarias que o desexen poden facer uso deste servizo de solicitudes de adquisición, suxerindo a compra daquilo que sexa do seu interese.
Avaliada a solicitude polo servizo de adquisicións, tramitarase e, nun breve período de tempo, recibirá unha resposta á súa petición.
Lembre que a biblioteca non se compromete a adquirir todas as obras solicitadas.