Solicitude de carné
persoa física
A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas é un servizo público do Concello de Vigo que presta os seus servizos na Avenida Martínez Garrido, nº 21, na cidade de Vigo.
Utilización da Biblioteca:
O uso da biblioteca é libre e aberto a toda a cidadanía. A lectura en sala non precisa de ningún requisito. Non obstante, o uso de ordenadores, a consulta de audiovisuais ou o servizo de préstamo requiren un carné de socio/a.
Para asociarse é necesario:
-
-
-
-
- Cubrir a ficha de inscrición cos datos persoais. As persoas menores de 14 anos ademais deberán contar coa autorización paterna ou materna ou do titor/a.
- DNI. As persoas menores de 14 anos, deberán aportar DNI do seu pai, nai ou titor/a.
- Unha foto que faremos na biblioteca.
-
-
-
No meso día da entrega de documentación, poderá recoller o carné na propia biblioteca.
>Envío solicitude de carné >descarga formulario
Institucional
A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas ofrece ás diferentes Entidades o “Servizo de Préstamo Especial a Entidades” un servizo personalizado ao fin de facilitar o acceso aos recursos dos que dispón.
Teñen dereito a estes servizos:
-
-
-
-
- Hospitais
- Centros de saúde
- Centros educativos
- Centros culturais
- Colectivos
- Centros de 3º idade
- Entidades públicas e privadas
-
-
-
O Servizo de Préstamo a Entidades está delimitado á área do Concello de Vigo.
Para asociarse é necesario:
-
-
-
-
- Cubrir o formulario de solicitude de carné da biblioteca
- Enviar unha carta solicitando o carné da biblioteca con selo da entidade
- DNI da persoa responsable
- CIF da entidade (En caso de existir)
-
-
-
No meso día da entrega de documentación, poderá recoller o carné na propia biblioteca.