É, máis que amor, un auténtico frenesí
Como cada ano a biblioteca colabora coa iniciativa do 11F para visibilizar o traballo das mulleres que se adican an campo daa STEM, creando así referentes femininos que contribuen a elección destas áreas como carreiras profesionais.
Para esta ocasión tivemos un encontro con Beatriz Mouriño, Investigadora do grupo de Oceanografía Biolóxica do CIM-UVigo e profesora Titular no Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo.
Beatriz presentounos o seu traballo sobre “A vida sexual das anchoas” e como este achado aportou respostas á influencia dos seres vivos nos movementos do mar, unha eterna cuestión en oceonagrafía.
Por este proxecto o equipo encabezado por Beatriz Mouriño recibiu un premio IG Nobel o que permitiu darlle gran visibilidade ao seu traballo, saíndo fóra do público científico e chegando a un público máis xeral.
Os Premios IG Nobel
Estes premios, que se entregan de mans de investigadores científicos premiados polos Nobel na Universidade de Harvard, están organizados por unha revista de humor científico chamada Annals of Improbable Research (AIR) e seleccionan estudos serios e rigorosos pero tamén “extravagantes”. Estes premios, segundo os seus creadores, “pretenden celebrar o inusual, honrar o imaxinativo e estimular o interese de todos pola ciencia, a medicina e a tecnoloxía”.