No Día Internacional da Muller e a Nena na Cienca tivemos o pracer de contar coa presenza de Alba Aguión, bióloga e investigadora do laboratorio Future Oceans Lab, da Universidade de Vigo. Facendo gala dunha gran habilidade para a divulgación científica, foinos explicando algúns dos proxectos nos que ten traballado ao longo da súa carreira, dende o estudo de especies invasoras de formigas no Reino Unido ata a observación e análise de glaciares no Ártico. Actualmente,o seu traballo está centrado no estudo do percebe, integrando e aplicando os resultados da súa investigación á pesca artesanal, traballando de forma interdisciplinar e buscando as formas de contribuír a unha explotación máis sustentable dos recursos mariños.
Durante o encontro, tivemos tamén a oportunidade de analizar o papel da muller dentro da carreira científica, e das dificultades ás que todavía teñen que enfrontarse moitas investigadoras: precariedade laboral, problemas de conciliación, teitos de cristal, etc. Para poñer de manifesto esta realidade e tratar de paliar estas desigualdades nace o proxecto Homeward Bound, do que Alba forma parte, unha iniciativa que busca dar protagonismo e visibilidade ao traballo das mulleres no campo da ciencia e das políticas medioambientais.