Efraín
Año: 2015
Clasificación:T
Unha delicada e conmovedora historia mínima sobre o paso da infancia á vida adulta nas espectaculares paisaxes de Etiopía con referencias ao neorrealismo italiano. A vida de Efraín cambia totalmente cando o seu pai marcha a traballar á cidade e vese obrigado a trasladarse a vivir coa súa avoa e os seus tíos. Co seu único e inseparable amigo, un pequeno cordeiro, Efraín tenta adaptarse á súa nova famlia, cociñando ricas empanadillas samosas e traballando no campo. Cando a vida do seu cordeiro corre perigo, Efraín aprenderá que a amizade e a familia son cousas polas que merece a pena loitar.