![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2021/01/calendario-01-1024x1024.png)
Data/hora
Data(s) - 13/06/2024
Hora 18:00 - 19:00
Xe: Lara Boubeta e Gonzalo Lemos
Nesta sesión de contos contaremos coa participación das asociacións Avante LGBT+ e Codimo para a realización dun contacontos musicalizado enmarcado na programación do Orgullo LGBT+ de Vigo.
O conto en cuestión é Xe, e para a súa lectura contaremos con Lara Boubeta, a autora do libro, acompañada de Gonzalo Lemos, fagotista que -ademais do seu instrumento principal- fará uso dunha pedaleira para converter a lectura nunha experiencia única.
A actividade está pensada para que o público infantil poida desfrutar da experiencia ao mesmo tempo que aprenden a respectar e valorar a diversidade afectiva, sexual e de xénero.
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2021/01/chico-1024x866.png)
Idade
Público infantil dende 3 anos
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2020/12/equipo-1024x841.png)
Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas