Data/hora
Data(s) - 14/02/2025
Hora 18:30 - 19:30
Día da Muller e a Nena na Ciencia: ESCAPE ROOM MULLER E ENXEÑARÍA/STEM
O 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia e na biblioteca para festexalo organizamos, ademais da mostra do mes, un Escape Room xunto á Escola
de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.
Matilda é unha investigadora que foi galardoada co Premio ao Descubrimento Enerxético do Ano e esta noite ten previsto acudir á cerimonia de entrega de galardóns. Pola mañá, seu xefe convócaa a unha reunión urxente para tratar diversos temas de índole científica. Matilda acode á sala de reunións e escoita como se pasa o pecho da porta. Dende o outro lado, escoita a voz de seu xefe dicir: “ Ilusa Matilda, o recoñecemento levareino eu mentres ti quedas aquí ben pechadiña”. Acaba de ser secuestrada. Para poder liberala teremos que pasar diferentes probas que están agochadas en diferentes puntos da biblioteca.
Esta actividade está dirixida a un público xeral polo que poden participar conxuntamente público infantil acompañado dalgún adulto.
Idade
Para público xeral dende 8 anos
Prazas
Inscrición dende o 21 de xaneiro ás 10.30h
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas