Cosendo, tecendo e bordando pasan as horas a avoa, a nai e a tía… mentres, a nena enreda ao seu redor, escoitando as historias e cantigas que contan e cantan para facer máis levadeiro o labor.
Vestidos que teñen moitas vidas, gatiños rebuldeiros ou príncipes arrogantes que reciben leccións de costureiras espelidas foron algunhas das puntadas coas que se foi tecendo unha tarde de contos a medida, grazas á mestría coa agulla de Marta Ortiz.