Despois de moito tempo regresaron Bea e Manuel á biblioteca, pero nesta ocasión non foi para unha sesión de bebés, senón para nenos e nenas de máis de 3 anos, que tiveron así a oportunidade de reencontrarse de novo coas historias de Migallas Teatro.
Comezaron co conto de Daniela a Pirata, a divertida historia dunha nena que pasa por unha serie de probas para poder conseguir ser unha pirata e formar parte da tripulación do temido Caimán Negro
Despois contaron todo un clásico moderno como é o libro de Eric Carle Unha eiruga moi larpeira, co que poidemos comprobar como unha pequena eiruga famenta e moi lambona convértese nunha fermosa bolboreta.
Bea e Manuel entretivéronnos contando e cantando varios xogos e cancións tradicionais que poidemos aprender para xogar tamén na casa.
Remataron co conto de Os tres Bandidos, de Tomi Ungerer, a historia de como a pequena Ursula conseguiu entrar na vida e no corazón destes tres ladróns e convertelos en tres benefactores que coidaban dos orfos e crearon unha gran cidade para eles.