O pasado venres festexamos, xunto coas entidades sociais do Calvario, a festa dos Maios, unha tradición que seguimos a coidar con ilusión. Foi unha xornada de encontro, colaboración e festa, aberta tamén a toda a veciñanza.
Durante parte da mañá adicámonos á elaboración dos nosos maios, catro en total, cada un deles único e feito con coidado e creatividade. Utilizamos fiúncho, xesta e flores para construír estas estruturas que simbolizan a chegada da primavera e que, ademais de representar o traballo colectivo, transmiten valores de respecto polo medio ambiente e a identidade cultural.
Ao rematar a exposición dos maios, a celebración continuou coa actuación das pandeireteiras do grupo Delicias de Trasmañó, que nos agasallaron cun repertorio cheo de ritmo, tradición e alegría.
A festa dos Maios é unha oportunidade para fortalecer lazos entre entidades, veciñanza e institucións, ao tempo que poñemos en valor o noso patrimonio cultural e fomentamos a creatividade e a colaboración comunitaria.

Social Calvario somos: Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas – AFAGA Alzheimer – APAMP – ASEM Galicia – Asociación Érguete – Fundación Érguete-Integración – Asociación ARELA – DOWNVIGO – Asociación Parkinson de Vigo – CS Rivera Atienza-Xunta de Galicia – Fundación Secretariado Xitano – Igualarte – UTS Concello de Vigo

