Yerma Alonso, profesora de xaponés na EOI realizou na biblioteca unha pequena achega á cerimonia do té.
A cerimonia do té xaponesa é un ritual onde se enaltece a beleza rústica, sinxela e natural, purificando e enchendo de calma a nosa conciencia e conectando coa natureza. Baséase en 4 principios
和 wa harmonía
敬 kei respecto
清 sei pureza
寂 jaku tranquilidade
Para finalizar a cerimonia catamos uns petiscos da pastelaría xaponesa Sen Japanese Bakery e rematamos probando a preparar un té matcha para amosar o aprendido.