O venres 17 de xaneiro visitou a nosa biblioteca a rapazada de Arela e para esta ocasión a biblioteca organizou unha actividade que combinou aprendizaxe, creatividade e cultura: unha charla-obradoiro sobre manga.
A xornada comezou cunha charla introdutoria sobre o manga, un dos fenómenos culturais máis importantes de Xapón que conseguiu conquistar lectores de todo o mundo. Durante esta parte, exploramos as orixes deste estilo de banda deseñada, os seus principais xéneros (como shōnen, shōjo, seinen e kodomo) e as diferenzas entre manga e outras formas de narrativa gráfica. Ademais, comentamos obras icónicas como Naruto, One Piece ou My Hero Academia, que son referencias para moitos lectores e lectoras novos/as.
A segunda parte estivo adicada ao obradoiro, que contou coa colaboración especial Yerma Alonso, profesora de xaponés da Escola Oficial de Idiomas (EOI). Neste obradoiro, os participantes puideron descubrir os fundamentos da escritura xaponesa, mergullándose nos sistemas de escritura hiragana, katakana e kanji. Coa guía da profesora, aprenderon a trazar os seus primeiros caracteres e a entender o significado dalgúns símbolos relacionados co manga.
Sen dúbida, repetiremos iniciativas deste tipo para seguir promovendo o coñecemento e a creatividade entre a mocidade.