O alumnado de 2º curso de Integración Social do Colexio San José de la Guía visitou a biblioteca para coñecer a función social das bibliotecas e máis polo miúdo o programa de Achegando Culturas, en colaboración coa Fundación Secretariado Xitano de Vigo.
Tendo moi presente o lema da Axenda 2030 de “Non deixar a ninguén atrás e garantir os dereitos humanos para todos”, a BPM Xosé Neira Vilas traballa na consecucións dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles, que están presentes nas diferentes accións que realiza a biblioteca, sobre todo no traballo que realizamos coas distintas entidades do ámbito social da cidade.