Las Lealtades, Delphine de Vigan
De Vigan foi un achado, unha escritora da que probablemente escoitaremos falar muito máis do que escoitamos falar ata o momento.
A historia dun rapaz pre adolescente que bebe para illarse dun mundo de adultos desconcertados non se me facía especialmente atractiva o que non impediu que o libro me engaiolara nas súas delicadas reixas de boa e certeira escrita. Porque De Vigan non fala do rapaz, fala do mundo e aínda que non formemos parte (ou si) da vida de adolescentes que rebordan segredos si formamos parte dese mundo que habitan.
Un mundo que é un fracaso.
Para quen integramos o Club de Lectura, as opinións foron unánimes sobre a calidade deste texto de personaxes trazados con suma delicadeza e ningunha concesión, difícil mestura, especialmente pola dificultade de pórse no lugar dun mozo e ser convincente coas chaves da súa subxectividade.
Moi recomendable e un perfecto agasallo de Nadal para familiares e amizades que gozan dunha lectura magnífica e exixente.
Marila Ruiz Coordinadora do club