Normas de comportamento nas actividades
- Manter unha conduta adecuada e de respecto cara ao resto das persoas usuarias.
- Gardar silencio ou falar baixo.
- Coidar o mobiliario e o material. Manter a biblioteca limpa e ordenada.
- Non facer fotografías nin gravar as actividades.
- O aforamento será o establecido polo persoal da biblioteca.
- Unha vez comezada a actividade o persoal da biblioteca poderá negar o acceso á mesma.
- Respectar a idade especificada para cada actividade.
- Nas actividades o público infantil ten que estar acompañado dunha persoa adulta. En caso contrario o persoal da biblioteca informará debidamente ás persoas responsables do público participante.
- A biblioteca non se fai responsable da custodia do público infantil.
- Para o bo funcionamento da actividade, recoméndase saír se o público infantil está canso.
- A saída da actividade farase de forma ordenada e seguindo as indicacións do persoal da biblioteca.
- Estas normas poden ser revisadas e actualizadas pola biblioteca coa finalidade de mellorar o funcionamento das actividades.