“Ni canta ni baila, pero no se la pierdan”
A asociación de enfermos de Alzheimer AFAGA regresou a biblioteca para realizar catro visitas cos seus grupos de usuarios/as, para achegarnos nesta ocasión á figura de Lola Flores e coñecer máis sobre a súa vida, a súa e o seu traballo.
No 2023 celebrouse o centenario do seu nacemento, aínda que La Faraona intentou nalgunha ocasión quitarse anos de enriba e cambiar ese último 3 por un 8, pero os arquivos devolven todo ao seu lugar.
María Dolores Flores Ruiz, coñecida como Lola Flores foi actriz, bailaora e cantante; e como tal deixounos grandes temas e interpretacións como “La Zarzamora”, “A tu vera” ou a súa canción máis icónica “¡Ay pena, penita, pena!”. Como actriz fixo 35 películas, destacando títulos como” La Faraona” de onde toma o seu alcume, “Los tres amores de Lola” ou “El balcón de la luna”, esta última protagonizada xunto a Paquita Rico e Carmen Sevilla. Ademais foi protagonista da historia da televisión, onde participou en numerosos programas, tendo incluso xunto a súa filla Lolita o programa de entrevistas e variedades “Ay Lola, Lolita, Lola”.
Nestas xornadas puidemos recordar algúns dos momentos máxicos e divertidos dos que foi protagonista, como a entrevista que lle fixo á súa gran amiga Carmen Sevilla onde lembraban o agasallo que lle fixera a Carmen Mario Moreno para facerlle as beiras, ou o momento que todos lembramos cando Lola Flores parou unha actuación para buscar un pendente que lle saíra voando coa forza do seu baile, ademáis de visionar diferentes actuacións ao longo da súa vida.
Rematamos intentando repetir o trabalinguas que ela recitaba e cantaba con gran facilidade e mestría e que nós non fomos quen de aprender, e que vos animamos a intentar:.
¿Que cómo me las maravillaría yo?
Que yo tenía un arcón que tenía
Tronchi tronchito pencajo y pencajito
Detrás de la pica un grajo, detrás del grajo una graja
Detrás de la graja una tinaja con veinticinco mujeres y una raja
Detrás de la raja un huerco que dice Don Alonso Caña y Corcho
Doña Juana Corcho Caña y sabe donde aguirigajar con siete guigarajitos chicos
Don Guirigajo se quiere usted gueguirajar conmigo
No doña Guirigaja no quiero que machaque mi niño más que un ajo
¿Cómo me las maravillaría yo?
¿Cómo me las maravillaría yo?
¿Cómo me las maravillaría yo?
¿Que cómo me las maravillaría yo?
¿Que cómo me las maravillaría yo?