“CONTOS DA TORRE, DO FOCO E DE ROMARIZ”
Ángeles Goás regresou a Contos Dakí para agasallarnos cos contos de Provecende, de Quende, de Villarente… contos de mulleres e de homes, de sabios e de parvos, de risa e de pranto.
Contos que lle contaron, como a historia de Manuel moi preocupado por atopar unha boa e recatada muller, a historia do home que tiña dúas mozas e outras historias que leva con ela sempre para lembrar(nos) que hai que gozar da vida, tanto se estás na primeira o na segunda metade dela.