“Todo é porto. De partida ou de atraque”
Avelino González iniciou un ano máis o ciclo de contos para público adulto Contos Dakí. Para este estreo de tempada contou historias, coma sempre, centradas na nosa cidade, pero nesta ocasión historias de xente que vén e vai de Vigo.
Historias de amor frustradas pola distancia que deixa o Atlántico; historias tristes de xente que partía con débedas e que regresaba aínda con máis debido as mafias que xa funcionaban hai un século.
Avelino tróuxonos a lembranza dos lugares xa desaparecidos da cidade como o Derby ou A Casa da Collona, onde vive a memoria de moita xente.
Pero sobre todo, esta sesión estivo chea de música, da música que xunta as dúas beiras, como a dos Tamara en xira, a famosa “Pulguita” de Olga Ramos, a lexendaria “Macorina” e a que non podía faltar… “Para Vigo me voy”.