Unha nova sesión de Contos Dakí cun dos contadores “Residentes”, Avelino González, habitualmente as súas historias están ambientadas na cidade.
Comezamos lembrando personaxes míticos da cidade, quen non recoñece a Tocho, coas súas características crónicas deportivas “O Celta empatou”, coñecemos a historia ao redor de Maximino, personaxe de principios de século XX, ao que lle dicían que tiña a gaita muda.
Do incendio ocorrido na Porta do Sol, enlazamos cos pequenos comercios, situados debaixo da Praza Argüelles, que deron pé, a rocambolesca historia relacionada coa reloxería Antolín e o enterro dun reloxo nunha lata de sardiñas de Alfagueme. Do enterro saltamos o traslado do cemiterio de Picacho ao de Pereiró.
Unha infinidade de sitios e recordos, o mercado na Praza da Granada, a casa do nazi en Soutomaior, as vellas de San Andrés de Comesaña, ata mesmo a construción do aeroporto de Peinador.
Como sempre quedamos con ganas de coñecer máis historias relacionadas coa cidade.