Unha Viaxe Literaria á Cidade Olívica
Vigo, preséntase a miúdo como motor industrial e pesqueiro, unha urbe moderna e vibrante que mira ao Atlántico. Con todo, detrás dos seus estaleiros, as súas costas empinadas e o bulicio de O Berbés, escóndese unha rica xeografía literaria tecida con fíos, neste caso con liñas, de ficción, mito e memoria.
Avelino González a través dos seus contos trazou un percorrido utilizando O Mapa Literario de Vigo, no que comezamos chegando a Vigo nun cruceiro á estación marítima, Liña 8, saltamos á Liña 2, descubrindo que o farol da praza da Constitución, foi a primeira iluminación pública da cidade no ano 1896. Na Liña 3, recordarmos o histórico Café Derby, chamado oficialmente, Café Imperial durante un período do franquismo, aínda que popularmente moitos/as vigueses/as seguiron chamándoo polo seu nome orixinal. Saltamos á Liña 5, trazando un itinerario polo patrimonio industrial conserveiro; retornamos o camiño, desde Coruxo, ata Cabo Estai. Deixamos atrás o rumor da escuma do mar, para conectar coa noite viguesa, do singular barrio de Churruca, situado na Liña 6. Para terminar, realizamos un transbordo coa Liña 9, ata o cemiterio de Pereiro, no tranvía conducido por Pepiño Liortas.










https://mapaliterariodevigo.com/libros/lina2/
Amor de Tango
Queizán, María Xosé
Un pouco máis arriba, o Concello, entre a praza da Constitución e a recolecta praza da Princesa, onde, en tempos, ían as mulleres buscar auga á fonte, e hoxe é refuxio de pombas, xubilados, mendigas […]
| Localización | Novela | Autora |
| Praza da Constitución | Amor de Tango | Queizán, María Xosé |
| https://maps.app.goo.gl/RQp13PuJahrT6z1T8 | https://mapaliterariodevigo.com/libros-2/amor-de-tango/ | https://mapaliterariodevigo.com/autores-as/maria-xose-queizan/ |

https://mapaliterariodevigo.com/libros/lina3/
Cartas de amor
Alonso, Fran
E, con todo, hoxe paréceme unha parvada que me deixase engaiolar por aquel ambiente intelectual que se respiraba nas tertulias do Derby (e non había moitas mulleres que se atrevesen a entrar alí).
| Localización | Novela | Autor |
| Café Derby | Carta de amor | Alonso, Fran |
| https://maps.app.goo.gl/kGK4H2Kzn5F1mrxD7 | https://mapaliterariodevigo.com/libros-2/cartas-de-amor/ | https://mapaliterariodevigo.com/fran-alonso/ |

https://mapaliterariodevigo.com/libros/lina5/
El albatros negro
Oruña, María
El 5 de noviembre, el galeón apresado de Nuestra Señora de los Remedios y San Francisco Javier permanecía fondeado en Cabo Estay, un poco más allá de Coruxo y cerca del final de la ría de Vigo.
| Localización | Novela | Autora |
| Coruxo | El albatros negro | Oruña, María |
| https://maps.app.goo.gl/kGK4H2Kzn5F1mrxD7 | https://mapaliterariodevigo.com/el-albatros-negro-maria-oruna/ | https://mapaliterariodevigo.com/maria-oruna/ |

https://mapaliterariodevigo.com/libros/lina6/
Un lume azul
Feijoó, Pedro
Ela —volve repasar os papeis—, si, aquí está: Nayra Sanromán, denunciou que lle roubaran o móbil na cervexaría Miguel, un bar de Canido. E el, Roberto Rial, tres cuartos do mesmo: denuncia esa mesma noite o roubo nun dos pubs da rúa Churruca.
| Localización | Novela | Autor |
| Churruca | Un lume azul | Feijoo, Pedro |
| https://maps.app.goo.gl/kGK4H2Kzn5F1mrxD7 | https://mapaliterariodevigo.com/un-lume-azul-pedro-feijoo/ | https://mapaliterariodevigo.com/autores-as/pedro-feijoo/ |

https://mapaliterariodevigo.com/libros/lina8/
Esperando o leiteiro
Neira Vilas, Xosé
E ti, adiante. Así ten que ser. Un home non é unha ovella. Perdiches o coche de liña, cargaches coa maleta que pouco leva e pouco pesa, puxeches pés ó camiño, e xa estás no Empalme. Sabes que non podes recuar. Mañá sae o barco de Vigo e tes que entrar nel nas horas que che dixo o da axencia, ou quedas fóra.
| Localización | Novela | Autor |
| Estación Marítima | Esperando o leiteiro | Neira Vilas, Xosé |
| https://maps.app.goo.gl/Frem8VoapkFaEBHPA | https://mapaliterariodevigo.com/esperando-o-leiteiro-xose-neira-vilas/ | https://mapaliterariodevigo.com/neira-vilas-xose/ |

