Aproveitando a chegada do tren a Ourense e o Primark a Vigo, os contos de hoxe tiveron un fío condutor ferroviario.
O traxecto Vigo – Monforte deu para moito; aínda que non é nada se o comparamos co Xangai Express a Barcelona.
Vigo, Redondela, O Porriño, Guillarei, Caldelas, Salvaterra de Miño, As Neves, Sela, Arbo, Crecente, Friera, Filgueira, Ribadavia, Ourense, Barra de Miño, Os Peares, San Pedro do Sil, San Esteve do Sil, Areas, Canabal, Monforte de Lemos.
Cada apeadoiro ten a súa historia da que falar, estraperlo, cartillas de racionamento, fogueiros protestantes, cupletistas,…
Non se podía acabar este percorrido sen lembrar O tren da Movida: “Madrid se escribe con V de Vigo” e as camisas do exalcalde Manoel Soto.