Marcho que teño que marchar
Este mes en Contos Dakí visitounos a narradora e actriz Bea Campos, que por primeira vez na nosa biblioteca mudou de rexistro, deixando a un lado o público infantil e sorprendendo ao público adulto.
En Marcho teño que marchar Bea espiuse de xeito emocional e a piques estivo tamén de facelo tamén fisicamente. Na sesión contounos como foi a súa infancia nos anos 80 nunha pequena aldea de Pontevedra e como foi crecer nunha familia algo peculiar e chea de mulleres bravas. Un percorrido entre chupitos de licor café das súas anécdotas vitais e familiares.