Regresou aos Contos Dakí, Celso Sanmartín, como di el para contar “as historias de vida” das que fai reflexións, tamén para contarnos lendas, panxoliñas e para agasallarnos coas súas cantigas.
Detívose nas súas lembranzas, e como as novas tecnoloxías mudan a nosa forma de entender o mundo e os nosos recordos, un mundo do que temos unha ventá aberta co móbil no noso peto. Tamén falou das lembranzas do noso pobo coas historias de sempre, as historias de lobos e de morte.
Celso xogou con nós e ensinounos este trabalinguas e invitounos a repetilo en varias ocasións para aprendelo ben e así exercitar a memoria a diario e non esquecernos dos nosos propios recordos.
Debaixo dunha pipa tinta
hai unha pita pinta; cando a pipa tinta pinga,
a pita pinta pía.
Tamén deixounos outro que comezaba así:
A miña potra parda preta tivo un potro pardo preto…
Alguén lembra como continúa?