Despedimos o ano cunha nova sesión de Contos Dakí, desta vez da man de Cris de Caldas e as súas Mulleres de Conto. Unhas mulleres fortes e resoltas, que fixeron o necesario para saír adiante e superar as dificultades que lles presentaba a vida, como a avoa Carmela, á que ningún invento moderno foi quen de empacar, Divina e a súa “econamía”, ou Manuela, que coa complicidade do seu marido buscou a forma de darlle unha boa lección ao cura que a acosaba.