Este venres estivo na biblioteca María da Pontragha acompañada pola arpista Bleuenn Le Friec para ofrecernos unha mestura de música e contos.
María fíxonos viaxar a Compostela e a San André de Teixido cos seus contos e cantigas, e tamén á Pontragha, lugares onde se atopan personaxes ben curiosos e marabillosos.
Ademais de amosarnos como é o son da arpa, Bleuenn tamén nos explicou como se toca e os elementos dos que está formada.
As historias de María e a música de Bleuenn fusionáronse dun xeito delicioso ao igual que o fixo a mestura de sons de arpa e pandeireta.