Nesta primaveral sesión de Contos Dakí, María da Pontragha, acompañada polo acordeón de Miguelón Paz, tróuxonos unha chea de novas historias que nos recordaron a importancia de saber de onde es, e que nos axudaron a coñecer tamén como é a xente dalí da Pontragha, ao parecer un tanto dada á esaxeración… Entre contos e cantigas fomos recordando como era a vida de antes e como é a de agora nas aldeas e os cambios que trouxeron avances como as estradas… ou mesmo as carretillas.
Quedamos coma sempre con ganas de máis, e coa marabillosa voz de María resoando na nosa cabeza: “É tan lida a miña terrra, esa aldea pequeniña…”