Como é habitual nas historias narradas por Quico demos voltas por diferentes puntos da xeografía galega.
Nesta ocasión, partimos da Barbanza coas súas festas, romarías e os seus Santos curandeiros, San Brais, San Roque e San Bieto de Seráns. Desde Rianxo ata a comarca do Sar, viaxes en patelas de pintos, escachos e maragotas; protexidos polos anxos dos peixes. Grazas a Milucho soubemos a relación entre o diario de Ourense, La Región, e o coche de liña para voltar O Porriño despois dunha noite de gandaina por Ponteareas, pasando as sete curvas do Alto do Confurco. Rematamos na comarca de Sarria coas historias do Pastor do Incio e súa pasaxe cos falanxistas.