Para pechar este tempada (singular) de Contos Dakí aproveitamos que quentaba un pouco o sol e saímos a nosa terraza Liber para gozar o máximo posible desta sesión de contos realizada por Xurxo Souto
Souto neste primeiro encontro co público da Neira Vilas realizou unha viaxe Pangalaica. Unha viaxe pola nosa cidade que comezou en Monte-Alto e levounos ata Lavadores; xa que “dende os ollos do océano, Vigo e A Coruña son a mesma cidade”. Unha viaxe tamén con parada na ALDEA, nas aldeas de cada un de nós e das nosas propias orixes.
Unha viaxe polas lembranzas musicais como a lembranza de Finita Gay, costureiriña e a primeira vocalista pola Banda das Mariñas que tivo a mala sorte de casar cun repunante que non lle deixaba cantar. A historia doutra muller poderosa: Xosefa de Caravane que engaiolou coa súa música e simpatía a Manu Chao e ata o mesmísimo Compay Segundo.
E moitas máis historias “diplomáticas” cheas de futbolín, motoserras, punkis e moita ledicia.
Rematamos a nosa viaxe musical nesta biblioteca entre os límites do Calvario e Lavadores, preto da Rúa Ceboleira. Rúa que deu nome ao noso “Coro Ceboleiro” do que fixemos unha improvisada sesión fundacional e que desexamos que continúe por moito tempo baixo a dirección de Xurxo Souto.