Os Contos Dakí estrenaron o 2023 cunha sesión a cargo do narrador nipón Yoshi Hioki, que despois de 3 anos regresou á biblioteca para deleitarnos coas súas historias.
A primeira era a dun home moi, moi pobre que vivía nunha casa chea de buratos e a través da fabulosa narración achegámonos tamén á cultura xaponesa para aprender, por exemplo, que na súa tradición existen máis de 8000 deuses distintos (como o da pobreza e a riqueza), que os nenos cando nacen traen unha presiña de sorte para a familia no seu puño pechado (e non debemos forzalos a abrilo) ou que na noite de fin de ano soan 108 badaladas que nos purifican para comezar o ano co espíritu impoluto…
Pasámonos despois á tradición indoeuropea coa historia da fermosa princesa Estrela, irmá das princesas Sol e Lúa, que foi desterrada por seu pai ao crer que non o amaba o suficiente, e tivo que buscar o seu propio destino coa axuda de tres bruxas e un pequeno demo. Finalmente seu pai comprendería que non hai maior amor como o de quen ten quere “como o sal á pota”.