Nesta xornada coñecemos aos Villanos dos contos clásicos: a bruxa, o ogro e o lobo, que a pesar de ter moi mala prensa ás veces non son tan malos como os pintan, pero outras son aínda peor.
Así, puidemos escoitar contos clásicos e outros novos destes personaxes para coñecelos mellor.
Por exemplo, coñecemos a unha pequena “Bruxa divertida” chamada Rosalía que estaba moi tranquila no seu castelo coa súa vasoira ata que unha misteriosa voz interrompe a súa faena. Tamén coñecemos a outra bruxa moi “Guapa” que estaba moi nerviosa porque ía de camiño a un pícnic coa súa nova cita: un ogro.
Os ogros tamén aparecen en moitos contos como malvados: así descubrimos a moitos ogros famosos, como o que aparece en Polgariño, O gato con botas e o máis famoso entre o noso público, o ogro que que vive debaixo da ponte no conto dos “Chivos Chivóns”. E é que a mala fama destes “villanos” débese a que sempre queren comer os nenos e todo o que se lles cruce por diante porque os pobres sempre teñen moita fame, como puidemos comprobar no conto “Hambre de ogro”.
Por último escoitamos contos do máis malo de todos os contos clásicos: O lobo. Ao pobre dóelle moito a barriga e vai a visitar o doutor, que lle di que foi algo que comeu. “¡Si no comí nada!”, explícalle o lobiño ao médico… pero xa sabemos que dos lobos non nos podemos fiar, e se non que lle pregunten aos “Tres porquiños”.
Para finalizar esta xornada de encontro cos “villanos” creamos os nosos propios monstros (outros malos malísimos dos contos), que daban moitísimo medo… ou non!