Para festexar o 8 de maio celebramos un biblioteca un obradoiro de Contrapublicidade Retranqueira da man de Eva e Juan Pablo de 7H Cooperativa Cultural
Explicaronnos que é a “contrapublicidade” e amosaron o traballo que realizan moitos colectivos e artistas ao redor do mundo para loitar contra o exceso e o abuso da publicidade.
Traballos como a da artista Yolanda Dominguez que a través de diferentes accións desenvolve temas de conciencia e crítica social relacionados co xénero e o consumo.
Adentránonos neste mundo da contrapublicidade para remarcar o tratamento da muller neste sector e para empregar esta ferramenta na loita contra a desigualdade.
Para finalizar o público realizou novas propostas de contrapublicidade partindo de revistas e xornais, nos que a través da retranca realizamos unha crítica destes anuncios e noticias.