“Relatar a vida e obra de Xela Arias coma quen relata unha historia 100% real. Un valente camiño de busca, de desafío e de autoconstrución coas súas pasaxes radiantes e os seus tramos á intemperie”.
Hoxe estivo con nós Yolanda Castaño para achegarnos a vida e a obra de Xela Arias, a homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Foi unha xornada emotiva chea de lembranzas, imaxes e poemas de Xela na voz da tamén poetisa compostelá.
Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único.
Darío a Diario, 1996