Celebramos xunto coa Sociedade Jules Verne de Vigo o DÍA DE LER A VERNE, no que se conmemora o seu nacemento, o 8 de febreiro de 1828.
Contamos para a ocasión co alumnado do CEIP O Pombal e co Voluntariado cultural do Concello de Vigo, cos que repasamos algunhas das pasaxes de “20.000 leguas de viaxe submarina” e “A illa misteriosa” nas que se fai alusión á Bahía de Vigo.