Para celebrar o Día do Libro levamos a cabo o obradoiro de «Imprenta Creativa: Superpoderes das aves», da man de Alouette Machine.
Neste obradoiro creamos diferentes postais e carteis empregando a antiga técnica de impresión con Tipos Móbiles. Cris e Jamba amosáronnos como era o antigo traballo dunha imprenta, os seus materias e as diferentes ferramentas que empregaban.
Pasamos unha xornada moi divertida xogando coas diferentes letras, a composición, as imaxes, o formato e as cores, ao tempo que coñecemos algunhas curiosidades das aves da nosa contorna.
Ao final do obradoiro todas as participantes puideron levar parte do traballo que realizamos, outra quedou na biblioteca para que as persoas que nos visiten estes días poidan descubrir o traballo desta imprenta creativa.