Descubrindo as cidades de Picasso, da man de Sheila García e o seu ”Pop-Up”
Con motivo da conmemoración dos cincuenta anos do falecemento de Pablo Ruiz Picasso, os máis cativos levaron a cabo unha viaxe polas cidades que marcaron a súa vida, como son A Coruña, Barcelona ou París, da man de Sheila García e o seu obradoiro de creación dun libro coa técnica ”Pop-Up”, na que plasmar toda a creatividade que levan dentro e fomentar a reflexión.
Con ela os máis pequenos, descobren a traxectoria do pintor ao mesmo tempo que crean o seu caderno.