Para festexar o Día do Libro Infantil e Xuvenil albergamos unha instalación na zona infantil da biblioteca onde os/as visitantes podían gozar de diferentes experiencias para poder explorar os contos e o espazo doutro xeito diferente.
Unha estrutura xeodésica instalada preto da fiestra foi o lugar perfecto para agocharse e ler refuxiados entre os coxíns, ao tempo que podíamos xogar coas sombras e as cores da luz que entraba pola xanela.
Había tamén diferentes propostas de xogos autorregulados no chan, nas mesas e no banco da biblioteca, nos que as letras e as follas de libros vellos revivían en novas formas e novas propostas de xogo.