O 27 de marzo, celébrase, desde o ano 1961, O Día Mundial do Teatro. Ao redor do mundo, realízanse infinidade de accións escénicas, coa finalidade de afianzar a esencialidade do teatro para a cultura a nivel mundial.
Hoxe que todas as salas están pechadas a nivel mundial, pola alerta global sanitaria, queremos reincidir na súa importancia a nivel existencial.
Tal día como hoxe, hai 58 anos o encargado en pronunciar a mensaxe internacional foi Jean Cocteau, o afamado poeta, dramaturgo francés; este ano a Mensaxe do Día Mundial do Teatro correspóndelle a Shahid Mahmood Nadeem, xornalista paquistaní, dramaturgo, guionista, director de teatro, e activista de dereitos humanos.
Para unha data tan sinalada, na biblioteca Neira Vilas tiñamos preparado unha gran festa teatral, unha sesión moi especial para os nosos Contos Dakí. Esta tarde ás 19.30 h. comezaría a función, e no escenario, estaría un dos grandes dramaturgos galegos, o noso gran amigo Quico Cadaval; e sería un espectáculo cargado de emoción, por que tal día como hoxe, Carmen Ayaso deu a luz ao narrador que estaría esta tarde en escena.