Ausencia: 1. Circunstancia de non atoparse unha persoa ou cousa no lugar onde debería estar ou se desexaría que estivese. 2. Tempo durante o cal alguén está ausente. 3. Circunstancia de non haber algo. 4. Perda transitoria da consciencia.
O mar está turbulento pola ausencia dun loitador das causas nobres e amante das novelas cabalerescas. Defensor do feito amodo, protector da escritura artesanal.
Honesto á súa fraxilidade e sinxeleza, concibiu personaxes tan próximos e sensibles, como o taciturno inspector de policía Leo Caldas; cociñado a lume lento, como a el gustáballe reivindicar.
Fascinado polo mar. Fiel embaixador da súa cidade natal, describiu lugares emblemáticos da cidade, que lle transportaban á súa infancia, como a praia do Vao; ou a enxalzar a singularidade da Escola de Artes e Oficios, fundada en 1886 co fin de facilitar a educación de mulleres, obreiros e outros colectivos que tiñan difícil acceso á educación elemental; a día de hoxe aínda vixente.
Seguindo a súa estrutura narrativa, chegamos ao desenlace, no que queremos poñer en valor, a súa honradez e bo facer como persoa e narrador.
Na biblioteca terémolo sempre no noso corazón, como divulgadores do patrimonio cultural, compartiremos con entusiasmo o legado que nos deixou con tanta delicadeza.
As súas palabras sempre bailarán ao son das ondas da súa amada Ría de Vigo.
Susana R.
Biblioteca Neira Vilas