Día das Letras Galegas
9 fugas
Fon Cortizo
Xénero | Ano | Clasificación |
Drama musical | 2020 | +13 |
Musical neo-noir construído á inversa: comezando a película pola música, que conecta os nove episodios da trama. Un experimento cinematográfico tan efectivo como estimulante que foi premiado en Xixón. Podería parecer un experimento conceptual, pero en realidade é unha narración desbocada, que nos arrastra e seduce desde o principio. Poderiamos estar ante a historia dunha moza en busca de algo, pero iso é só a escusa para un cruzamento insólito entre música e cinema que dá como resultado mil e unha historias máis. Estamos, en fin, ante un dos debuts máis prometedores do cinema español de agora mesmo.