A corazón abierto
Lindo, elvira
Xénero | Ano | Clasifiación |
Novela da vida cotiá | 2020 | Adulto |
Elvira Lindo naceu en Cádiz en 1962. Realizou estudos de xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e en 1981 empezou a traballar en Radio Nacional de España, onde fixo labores de guionista, locutora, comentarista e presentadora, tarefas que repetiu na Cadea SER e na televisión. É nos guións radiofónicos onde xurdiu o personaxe de Manolito Gafotas, que desde a publicación do primeiro libro da serie, en 1994, goza dun éxito enorme. A súa obra inclúe as novelas El otro barrio (1998, 2019), Algo más inesperado que la muerte (2003), adaptada aos escenarios, Lo que me queda por vivir (2010), Lugares que no quiero compartir con nadie (2011), Noches sin dormir (2015), A corazón abierto (2020), En la boca del lobo (2023), a obra de teatro La ley de la selva (1996), as súas crónicas de El País en Tinto de verano (2001) e Otro verano contigo (2002), así como outros libros de non ficción como Don de gentes (2011), e 30 maneras de quitarse el sombrero (2018).
En 1998 foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, e en 2005 recibiu o Premio Biblioteca Breve pola novela Una palabra tuya, levada ao cinema con gran éxito por Ángeles González-Sinde. Tamén escribiu numerosos guións cinematográficos, como La vida inesperada (2014) ou La primera noche de mi vida (1998). Gañadora do Premio Internacional de Xornalismo 2015 e do Premio Atlántida do Gremio de Editores de Cataluña en 2009, colabora habitualmente no diario El País.