Finalizou o curso 2023-2024 do club de lectura e para festexalo decidimos ler a novela “El tiempo es suficiente”, da autora viguesa Amara Castro, na que se conta a historia dunha saga familiar ambientada en Vigo en dous planos temporais distintos -un na actualidade e outro na década dos 60- o que nos permitiu percorrer a cidade olívica nestes dous tempos e observar como foi mudando ao longo dos anos.
Como broche de ouro tivemos a sorte de contar coa presenza da propia autora para descubrinrnos todos os segredos que oculta este libro, como naceu e como foi o seu proceso de creación.
Como sempre agradecer a Amara Castro o seu cariño coa biblioteca e esta xornada tan marabillosa!
E lembrade que podedes pasear polos escenarios polos que pasearon as irmáns Telma e Celia acompañados/as do noso MAPA LITERARIO DE VIGO.