Hoxe regresaron as nosas Terrazas de Verán, un ciclo de encontros con escritoras e concertos no que aproveitamos o bo tempo e saímos ao exterior da biblioteca para gozar destas actividades.
Para esta ocasión tivemos a sorte de contar coa compañía de Amara Castro Cid.
Ao principio do encontro Amara realizounos unha achega ao seu xeito de escribir, como é o oficio de escritor e todo o traballo que hai antes de que podamos ter nas nosas mans ese libro e gozar coas súas historias.
Explicounos como partindo dun feito concreto, como foi a caída ao chan dun vaso, naceu a súa primeira novela ” Con esto y un bizcocho ” ou no caso de “El tiempo suficiente” como partiu a historia dun obxecto, neste caso un espello que tiña a súa avoa e que agochaba no marco un caixón secreto o que lle propiciou dende nena a oportunidade de fabular sobra a marabilloso vida e os segredos que tiña a súa avoa.
E así dende a idea da novela, pasamos ao tema, a como estrutura as súas novelas e a construción detallada dos seus personaxes ata chegar a mans da súa editorial, a Editorial Maeva.
Máis tarde animouse o público a ir facéndolle preguntas e produciuse un dialogo moi entretido onde mergullamos sobre o seu acto de escritura e tamén nas súas novelas.