Pechamos as Terrazas de Verán da Neira Vilas co encontro coa escritora María Reimóndez, nunha estupenda velada que nos permitiu achegarnos ao seu universo literario, que transita por xérneros como a poesía, a novela ou o ensaio.
Así, ao longo da conversa co público asistente compartimos reflexións sobre os temas de fondo que están sempre presentes na súa obra, como o feminismo, a defensa da lingua, o medio ambiente, a relación de Occidente cos países do Sur… Reflexións que a míudo nos sitúan en posicións incómodas como lectores, que nos sacan das nosas zonas de confort para achegarnos realidades que por veces se nos escapan e outras non queremos ver.
Un pracer en definitiva poder compartir este faladoiro, co que quedamos xa con ganas de entregarnos á seguinte lectura desta formidable escritora.