Bea e Pombal chegaron ataviados cos seus disfraces para festexar os últimos días do Entroido cunha sesión de contos chea de historias e de cancións.
Nesta primeira sesión de Entre Arrolos e Contiños, na que tivemos un cheo total na sala, puidemos gozar do conto “Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés”, no que coñecemos a distintos nenos e nenas nacidos en distintas partes do mundo… e todos tiñan en común dez dedos nas mans e dez dedas nos pés. A continuación escoitamos o conto popular dos “Chibos chibóns” e como foron quen de enfrontarse a un ogro enorme.
Pombal e Bea contaron unha historia case sen dicirnos ningunha palabra: só empregando sons e onomatopeas descubríronnos a historia dun coche que ten que atravesar todo tipo de paisaxes para chegar ata a casa. O libro desta historia tan disparatada é ¡Ya llego!, de Hervé Tullet
Logo escoitamos a historia do animaliño máis famélico de todos, o clásico de Eric Carlé “Unha eiruga moi larpeira”. Rematamos os contos xogando a “Cucú Trastrás” e para finalizar a xornada cantamos e bailamos todos xuntos ” A saia da Carolina”