Bea Campos e Manuel Pombal celebraron con nós o Entroido.
Contaron e cantaron unha chea de historias coas que o pasamos fenomenal.
Comezaron contando a historia do ” Coelliño Branco”, uns dos contos máis coñecido da biblioteca e que lles encanta ao público infantil. Esta historia do pobre coelliño que é botado da súa propia casa por unha malvada cabra.
Despois contaron “Dez dedos nas mans e dez dedas nos pes” unha fermosa historia escrito por Mem Fox e ilustrada por Helen Oxenbury que conta como distintos nenos nacidos en diferentes partes do mundo teñen moitas cousas en común entre elas dez dedos nas mans e dez dedas nos pes.
E de fin de festa Bea e Manuel disfrazáronse de indios e montaron nos seus cabalos para contar O pequeno Indio escrito por Ricardo Alcántara e ilustrado por Gusti.