Despedimos a tempada cunha nova sesión de Entre arrolos e contiños con Bea Campos e Manuel Pombal, que nos achegaron unha morea de contos dirixidos aos máis cativos/as da casa.
Osiños que van para a cama, eiruguiñas larpeiras, bechos estraños ou ratos de cores desfilaron pola terraza da biblioteca (hai que aproveitar o bo tempo) para animar unha tarde na que tampouco faltaron xogos e cantigas tradicionais. Como xa é costume, rematamos a sesión ao ritmo da saia da Carolina!
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2023/07/entre_arrolos_xuno_2023_3-1024x539.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2023/07/entre_arrolos_xuno_2023_2-1024x539.jpg)