Data/hora
Data(s) - 07/03/2022
Hora 17:30 - 20:30
8 de Marzo: Fiandeiras: Obradoiro de creación feminista
Para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller, a biblioteca propón un obradoiro de creación feminista.
A través do bordado e a transferencia de imaxes, aproveitaremos o poder dos círculos de creación e a unión do fío para reflexionar sobre a sororidade, a autoestima, a igualdade e a creación de conciencia feminista.
Con este obxectivo, o obradoiro combina contidos teóricos, destinados a dotar de contextualización e material de inspiración ao grupo a partir do intercambio de opinións e o estímulo do debate, e un bloque de experimentación práctica.
A primeira parte do obradoiro consiste na aproximación teórica, por unha banda, ao movemento feminista e ás artistas que empregaron a fotografía como medio de expresión política e, pola outra, á historia do bordado, tanto na súa dimensión de oficio feminizado coma no seu rexurdimento como arma de resistencia e creación feminista.
Prazas
Aforo limitado.
Inscrición
A partir do 22 de febreiro ás 10.30 h
A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Medidas seguridade extraordinarias COVID-19
Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes
-
- Uso obrigatorio da máscara en todo momento
- Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables
- Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos
- Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca
- Aforo limitado
- Asentos asigandos
- Rexistro das persoas asistentes
- Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada
As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.
Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas