Data/hora
Data(s) - 10/05/2024
Hora 18:00 - 19:00
A hora dos contos: Caxoto: LUÍSA VILLALTA: ADAGIO!. Día das Letras Galegas
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos Caxoto co seu espectáculo: LUÍSA VILLALTA: ADAGIO!.
Está a piques de comezar o concerto “Luísa Villalta, Adagio!” O silencio do auditorio é tenso e expectante. Un estrafalario director de orquestra entra no escenario. Despois duns estranos aspaventos preparatorios disponse a iniciar a dirección da orquestra. Golpea coa batuta para indicar o inminente arranque do concerto, sinala o tempo con tres movementos precisos e ataca o inicio da obra musical… pero ninguén toca! No sitio da orquestra un público abraiado mira atentamente para o director…
Este é o comezo deste especáculo onde o estrafalario concertista desconcertado asume un erro na organización e posto que non dispón de orquestra que dirixir decide cambiar o concerto por unha improvisada viaxe pola vida e obra da gran poeta galega Luísa Villalta homenaxeada este 2024 co DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Unha divertida forma de achegarse á vida e obra da poeta a partires dos seus temas habituais, as súas preocupacións, a música,… que nos deixará contos, música, exercicios poéticos,… e un interesante poema colectivo a partires das nosas poetas galegas dende Rosalía de Castro ata a nosa homenaxeada.
Idade
Público infantil dende 3 anos
Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas